Tuesday, November 28, 2006

As Diademas


As Diademas
E unha lámina de ouro, de forma máis ou menos rectangular e repleta de decoración. Os motivos son xeométricos nunhos casos e figurativos noutros, e a técnica empregada é o repuxado ou o estampillado. Parece ser que iban superpostas sobre algún tipo de material perecedeiro e colocadas na cabeza coma adorno. Os exemplares existentes son escasos e concéntranse no norte de Galicia. Destacan a Diadema de Bedoya, a de Ribadeo e a de Elviña.

Os Torques



Os Torques
Os torques son as xoias castrexas máis características debido ó gran número de hachazgos conservados. Trátase de colares ríxidos, na maior parte dos casos de ouro, formados por unha varilla de forma case circular rematada nunhas formas características. O peso medio destas pezas sitúase ó redor dos 500 gramos, ainda que hai torques excepcionais coma o Torques de Burela, que pesa mais de 1800 gramos. Parece ser que este tipo de xoia utilizábana os homes. Apareceron esculturas de guerreiros castrexos portando estos elementos. Podería tratarse pois de símbolos de estatus relacionados co mundo da guerra. A variedade de torques e das súas decoracións é inmensa. Con frecuencia utilizábanse os mesmos motivos que na escultura ou a cerámica. Establecéronse clasificacións tipolóxicas en función da decoración da varilla e dos remates.

Monday, November 27, 2006

Arte Castrexo

INTRODUCCIÓN


Actualmente consérvanse un gran número de pezas catalogadas coma castrexas. Sen embargo, non tódalas atribucións son correctas. A menudo, o simple feito de encontrares unha peza con características toscas era motivo suficiente para clasificala coma castrexa. Por elo foi preciso revisar o conxunto dos restos conservados e realizar estudios mais profundos.
No que respecta á etapa de formación desta cultura, soamente conservamos restos arquitectónicos -os castros- e unha cerámica pouco decorada; en cambio, no momento de pleno apoxeo obsérvase unha arquitectura monumental cunha certa estructuración urbanística, unha espléndida orfebrería, unha cerámica ricamente decorada e algunhas esculturas.

Fonte: http://www.corevia.com/~nissan/carte.htm

Tuesday, November 14, 2006

Castro de Santa Tegra


Castro de Santa Tegra

Descubriuse en 1913 o que chegou a ser un dos mais importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e no N.O. peninsular, conocido como Castro de Santa Tegra.
O mesmo ano do seu hachazgo creouse a sociedade "Pro Monte" , lograron rescatar da noite da historia o que debeu ser, nos séculos I A. de C. e I D. de C. un importante poboado prerromano.
O monte Santa Tegra, de 341 m. de altura, está situado na desembocadura do río Miño, dentro do termo municipal de A Guarda.
A partires dos 200 m. de altura se configura un gran poboado amurallado, de construccións circulares na sua gran maioría, con vestíbulos e dependencias anexas cuios oríxenes remóntanse á Idade de Bronce, 1900 anos A. de C. y que alcanza o seu esplendor nos primeiros anos do período Galaico-Romano, decaendo e pasando ó olvido a partires do século II da nosa era.
Paralelamente ó comezo das excavacións, a sociedade Pro Monte funda o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra en 1914, recolléndose no mesmo, dende entonces, innumerables pezas de todo tipo que forman un conxunto de incalculable valor.

Plano da Citanía

http://www.aguarda.com/museo/castro/castro.htm

Wednesday, November 08, 2006

Castro de Castromao


Castro de Castromao
É propio da Idade de Ferro do noroeste peninsular, na etapa coñecida coma Cultura Castrexa. Estivo ocupado xa na época prerromana e sería abandoado no século II d.C. Presenta uns muros de contención pola parte superior, e unha muralla duns 485 m. de largo, na parte baixa. A superficie da zoa amurallada chegaría a 20.000 m. cadrados, e o eixe máximo do recinto defendido sería de 155 m. Nas sucesivas excavacions feitas no lugar, descubrieronse abundantes materias arqueolóxicos: cerámicas, moedas, útiles de ferro e bronce, así como distintos elementos ornamentais, que se poden admirar no Museo Arqueológico Provincial de Ourense.

Castro de San Cibrao de Las

Castro de San Cibrao de Las

Este é o castro máis impresionante de tódoslos que temos visitado. Os seus muros monumentales e a sua gran extensión, máis de 300 m de eixes, fan de Lansbrica, o xacemento castreño máis importante da Galicia actual. Polos estudios realizados nas excavaciones suponse que estivo habitado dende o s. I a.C. ata o s. IV d.C. ¨ É un castro profundamente romanizado. Nél apareceu un ara dedicada a Bandua Lansbricae que, ratificado polos textos medievais, permitenos coñecer o seu nome. Aparte atopáronse outras dous inscripcions, unha delas adicada a Xúpiter gravada nunha rocha da croa.

Castro de Elviña


CASTRO DE ELVIÑA
O Castro de Elviña está no Ayuntamiento de A Coruña, Esta situado nun istmo da bahía coruñesa, ten moi boa visibilidade do faro “Da Torre de Hércules”, Ademáis de converterse nun lugar ocupado durante o Bronce e o Ferro en adiante, aquí tivo lugar a chamada “Batalla de Elviña” durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. Nesta contenda enfrontáronse as tropas francesas do Mariscal Soult e a artillería inglesa dirixida polo xeneral Sir John Moore, quen morre. Esta batalla demostra que sempre foi un lugar moi unido á historia da cidade de A Coruña. Hai quenes incluso queren identifica-la coa mencionada nas fontes clásicas dos escritores greco-latinos e algunhas crónicas medievais coma “Brigantium”. A súa cronoloxía non se aclarou todavía. Por analoxías con xacementos cercanos observase que os castros aparecen no Bronce Final s.VI a.n.e., o seu maior desenrolo dase na idade de Ferro, s.III a.n.e., sendo romanizados a partir do s. I

Monday, November 06, 2006

Castro Baroña


CASTRO DE BAROÑA

Este espectacular castro constitue un dos depósitos máis importantes da zona. Encuadrase no ámbito norte da Cultura Castreña. Situado nunha península, só se une a terra por un corto istmo de area onde están as primeiras defensas.
Encuentrase en Baroña (concello de Porto do Son) na Península de Punta do castro.
O poblado consta de dous grupos de vivendas circulares u ovaladas separadas por unha muralla escalonada con dirección este-oeste (perpendicular ao exterior). Da primeira zona ascendese á segunda por unhas escaleiras monumentais. Creese que orixinariamente, estivo habitado por algunha tribu celta dos presamarcos, mais tarde parece que foi romanizado e permaneceu habitado ata unha época moi tardía, tal vez ata a chegada dos suevos.
Fonte: www.wikipedia.org

Monte Do Castro

MONTE DO CASTRO

O Monte do Castro ocupa unha posición central en Vigo. Nas súas abas, e ata o mar, desenvolveuse a vila medieval e moderna. Este monte foi o lugar no que se ubicou o maior poboado castrexo do municipio. As diversas campañas de escavacións arqueolóxicas puxeron ó descuberto, principalemente na súa aba norte, un total de 45 construccións pertencentes a un período que vai dende o s. II-I a.C. ata o s. III d.C. Construccións que pertencen tanto ó hábitat prerromano (circulares) como o xa romanizado (cuadrangulares). A gran cantidade de pezas arqueolóxicas destas escavacións atópanse expostas nunha sala específica da área de arqueoloxía do Museo municipal de Castrelos.