Monday, November 06, 2006

Monte Do Castro

MONTE DO CASTRO

O Monte do Castro ocupa unha posición central en Vigo. Nas súas abas, e ata o mar, desenvolveuse a vila medieval e moderna. Este monte foi o lugar no que se ubicou o maior poboado castrexo do municipio. As diversas campañas de escavacións arqueolóxicas puxeron ó descuberto, principalemente na súa aba norte, un total de 45 construccións pertencentes a un período que vai dende o s. II-I a.C. ata o s. III d.C. Construccións que pertencen tanto ó hábitat prerromano (circulares) como o xa romanizado (cuadrangulares). A gran cantidade de pezas arqueolóxicas destas escavacións atópanse expostas nunha sala específica da área de arqueoloxía do Museo municipal de Castrelos.

No comments: