
Os Torques
Os torques son as xoias castrexas máis características debido ó gran número de hachazgos conservados. Trátase de colares ríxidos, na maior parte dos casos de ouro, formados por unha varilla de forma case circular rematada nunhas formas características. O peso medio destas pezas sitúase ó redor dos 500 gramos, ainda que hai torques excepcionais coma o Torques de Burela, que pesa mais de 1800 gramos. Parece ser que este tipo de xoia utilizábana os homes. Apareceron esculturas de guerreiros castrexos portando estos elementos. Podería tratarse pois de símbolos de estatus relacionados co mundo da guerra. A variedade de torques e das súas decoracións é inmensa. Con frecuencia utilizábanse os mesmos motivos que na escultura ou a cerámica. Establecéronse clasificacións tipolóxicas en función da decoración da varilla e dos remates.
No comments:
Post a Comment