Monday, December 04, 2006

Friday, December 01, 2006

Escultura decorativa


Escultura decorativa
Na zona sur das provincias de Ourense e Pontevedra localizáronse gran variedade de pezas arquitectónicas decoradas. Trátase de partes integrantes das casas castrexas. Os motivos decorativos, moi ricos e moi ben tallados, mostran certo parecido cos utilizados na orfebrería e, en menor medida, cos da cerámica. Entre a variedade de elementos encontrados destacan os xeométricos, o sogueado, a espiña de peixe, os entrelazos e os reticulados.

Esculturas de Animais



Esculturas de Animais
A diferencia doutras zonas peninsulares, en Galicia encontráronse poucos exemplos deste tipo, e as poucas que hai teñen formas vagas e indeterminadas. Entre estas escasas mostras encontramos por unha banda simples cabezas (toscas e moi esquemáticas) e por outro, figuracións de partes máis amplias do corpo, probablemente para ser colocadas na parede.

Esculturas Humanas






Esculturas Humanas
Destacan as esculturas de guerreiros e as cabezas. Os guerreiros son figuras de bulto redondo, é dicir, exentas, en posición de parada militar, ríxidas e que portan atributos militares (escudo, espada, puñal) e símbolos do seu estatus social (brazaletes, torques). O tamaño das esculturas varía, sendo nunhos casos inferior ó natural e noutros superior. O feito de que se esculpisen figuras coma éstas é unha proba do importante papel que nesta sociedade, en continuas loitas, desempeñou o grupo dos guerreiros. Ademáis das figuras xa comentadas, tamén se encontraron numerosas cabezas, unhas toscamente esculpidas e outras moi elaboradas. Poderían servir de mascarillas funerarias ou tamén ser representacións de divinidades ou de guerreiros.

A Orfebrería

A gran variedade tipolóxica das pezas da xoiería castrexa xunto coa riqueza das técnicas empregadas, dos estilos e dos motivos decorativos converten á orfebrería na actividade artística máis importante desta cultura, así coma nun dos seus elementos máis peculiares.
A orfebrería castrexa galega posue unha serie de características particulares que a diferencian das realizadas noutras zonas, coma por exemplo: a abundancia, o uso do ouro, a gran cantidade deste nas pezas e a peculiaridade dalgunhas xoias. Sen embargo, é innegable a influencia das culturas castrexas do norte de Portugal e do occidente de Asturias, dos celtíberos da Meseta occidental e da orfebrería da zona sur da Península Ibérica (a través da cal chegan o noroeste influencias mediterráneas).
A variedade de xoias castrexas e considerable. Limitarémosnos a mencionar os tipos máis importantes: os colares ríxidos ou torques, as diademas, os amuletos, as arracadas, os colares articulados e os brazaletes.

Fonte: http://www.corevia.com/~nissan/carte.htm

Os brazaletes

Os brazaletes
Son un conxunto de adornos destinados a colocalos nos brazos, antebrazos ou muñecas. A utilización destas xoias constátase nas esculturas encontradas.

As arrancadas


As arrancadas
Son unhas pezas pequenas e lixeiras, destinadas á ornamentación das orellas, que cumprirían hoxe a función dos pendentes. Estas pezas decoráronse, salvo excepcións, con motivos xeométricos e utilizando diversas técnicas, entre as que destacan as do repuxado, o estampado, a filigrana e o granulado.

Fonte: http://www.corevia.com/~nissan/carte.htm

Os Amuletos

Os Amuletos
Entre os hachazgos da cultura castrexa encóntranse unha serie de colgantes de metal decorados, con forma de reloxio de area ou de dobre machada (pouco abundantes ata a data) cuia posible utilidade descoñecemos. Ante as pegas para interpretar o seu significado, agrupáronse baixo o epígrafe de amuletos.