Friday, December 01, 2006

Esculturas Humanas






Esculturas Humanas
Destacan as esculturas de guerreiros e as cabezas. Os guerreiros son figuras de bulto redondo, é dicir, exentas, en posición de parada militar, ríxidas e que portan atributos militares (escudo, espada, puñal) e símbolos do seu estatus social (brazaletes, torques). O tamaño das esculturas varía, sendo nunhos casos inferior ó natural e noutros superior. O feito de que se esculpisen figuras coma éstas é unha proba do importante papel que nesta sociedade, en continuas loitas, desempeñou o grupo dos guerreiros. Ademáis das figuras xa comentadas, tamén se encontraron numerosas cabezas, unhas toscamente esculpidas e outras moi elaboradas. Poderían servir de mascarillas funerarias ou tamén ser representacións de divinidades ou de guerreiros.

No comments: